Blogia
Andresadas

Servicios Sociais programa talleres contra o sexismo

Servicios Sociais programa talleres contra o sexismo Servicios Sociais celebrará durante a próxima semana, dous talleres os días 18 e 19 deste mes para intentar eliminar os prexuizos sexistas na sociedade. Esta iniciativa parte do Primer Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres que organiza o concello de Lugo.

O lugar de realización do evento será o centro social Uxío Novoneyra, o taller Educando Persoas, destinado ás asociacións de Nais e Pais de Alumnos ( as ANPA). O obxectivo é elimina-los estereotipos que veñen establecidos de tempo atrás, e que impiden que a muller poida desenvolve-la súa actividade con normalidade, sen ter que aguantar ós catro ou cinco de sempre, pero... ¿ Son sempre os catro ou cinco? ¿ Ou hai máis energúmenos que non teñen outra cousa que facer que sentirse superiores ó sexo opuesto?.A psicóloga Vitoria Rei Mariño será a encargada de levar a cabo este difícil labor.

O segundo taller titúlase Linguaxe non sexista e Información, que será impartido ó longo do día 21, e tén como principais destinatarios ós comunicadores e demáis empregados dos mass media. As profesoras serán, neste caso, dous periodistas formadas e especializadas no tema do sexismo: Ana Belén Puñal Rama e María Isabel Menéndez Menéndez. A sesión será das 10 da mañá ata a 1 e media da tarde. Durante as charlas falarase da linguaxe sexista na comunicación, as distincións de xénero, a orde masculina imperante...

Alégrome de que por fin se decidiran a elaborar un taller deste tipo, ainda que este problema tan discutido na actualidade, debería tomarse máis en conta anos atrás, cando o problema era maior. A unidade familiar e a linguaxe deben estar exentos de connotacións sexistas, pero así e todo, parabéns. Máis vale tarde que nunca.

1 comentario

Duffman -

Hombre! Non tes parada, non se che escapa unha. Segue asi artista!
A verdade e que MAIS VALE TARDE QUE NUNCA, espero que os 2 talleres educativos organizados polo concello de Lugo sirvan para algo, porque non se nos pode olvidar que o modelo de sociedade imperante, segue a ser patriarcal en moitos sentidos.
A verdade e que o lonxe vese algunha luz, xa que con xente coma ti, e con algunhas iniciativas deste tipo, podese modificar a situacion. Entre todos podemos.
NUNCA MÁIS.